Campaña do Concello para ensinar a combater a nespra asiática

O Concello inicia unha campaña para combater a nespra asiática e a súa incidencia no termo municipal. A planificación desta iniciativa local quere adaptarse a cada época do ano para que a prevención sexa máis eficaz e minimizar a presenza desta especie invasora no noso territorio.

A primeira acción será unha charla aberta á veciñanza hoxe sábado 13 de xaneiro ás 19:00 horas no Salón de plenos da que se encargará o entomólogo Lolo Andrade.

A información completa pódese ler na web do Concello.

Advertisement

Sobre as farolas, a cancha e a futura fonte

Recentemente o presidente da asociación de veciños, Fernando Antunes, reuniuse con Uxía Lemus, concelleira de urbanismo, vivenda e sostenibilidade do concello. Uxía informou a Fernando de que en breve realizarase a renovación das instalacións do alumeado público en Augas Mansas, dentro do proxecto de obras de renovación das instalacións de alumeado público exterior do concello de Teo que está previsto que comece no primeiro trimestre do 2018. En concreto, na nosa urbanización cambiaránse 105 luminarias (as novas serán led); tamén se renovarán os cadros de mando e se fará recableado e adaptación do alumeado á normativa existente.

Uxía pide que os veciños que detecten algunha das farolas actuais estropeada avisen no tlf 981 815 700 para que a empresa concesionaria pase a arranxala.

Fernando informou do mal estado do peche da cancha de xogos do parque: procederán a reparalo en breve. En canto á fonte que está pendente de instalación no parque, Uxía explica que debido á sequía, Augas de Teo está dando prioridade ao servizo de abastecemento ás vivendas nas que secou o pozo; cando o abastecemento a estes veciños quede resolto, procederán a instalación da fonte.

Animadevoz

Compartimos esta convocatoria que acabamos de recibir:

A Asociación cultural Lúa Chea quere convidarvos a participar no Obradoiro ANIMADEVOZ que organizamos xunto coa Asociación Abeiro pola protección animal e que terá lugar o mércores 18 de outubro ás 18.00 horas na casa común dos Tilos.

22196086_971849539620162_2133163038475215534_n

Esta actividade ten como obxectivo achegar @s cativ@s e a quen non o son tanto, a importancia do respecto aos animais, así como fomentar a leitura no noso idioma.

O obradoiro consistirá nunha primeira parte na leitura de textos de autor@s galeg@s que dará paso a unha actividade para fomentar e incentivar a imaxinación e creatividades d@s meniñ@s.

Este obradoiro está destinado, nomeadamente, a meniñ@s até os nove anos aproximadamente.

Agardando contar con vós, recibide un cordial saúdo

Xunta Directiva AC Lúa Chea

Sobre o bus a Santiago

Algo se vai mellorando, pero desplazarse en bus a Santiago non acaba de ser fácil para os veciños de Augas Mansas. Por unha banda seguimos sen horario nas marquesiñas. Non se sabe cando pasa o bus. Incomprensiblemente, porque sen algo tan sinxelo como un horario visible, o servizo queda claramente coxo. Para enterarse non queda outra que preguntar a algún veciño informado ou consultar os horarios en internet, non precisamente claros e usables. Por outra banda, vimos de saber que a tan publicitada Tarxeta Xente Nova, que ofrece “realizar todas as viaxes interurbanas gratuítas” aos menores de 19 anos, non cubre o traxecto entre Os Tilos e Santiago que tantos augamansinos utilizamos, pois, pese a ser poboacións pertencentes a distintos concellos, non se considera viaxe interurbana…