Celebración Samaín

Estamos pensando en organizar algo para o Samaín (a maiores da típica petición de caramelos que organizan desde sempre os pequenos): quen teña gana de participar ou aportar algunha idea, que se poña en contacto con Fernando no nº 95, por favor, ou que comente aquí mesmo. Saúdos.

Advertisement

Animadevoz

Compartimos esta convocatoria que acabamos de recibir:

A Asociación cultural Lúa Chea quere convidarvos a participar no Obradoiro ANIMADEVOZ que organizamos xunto coa Asociación Abeiro pola protección animal e que terá lugar o mércores 18 de outubro ás 18.00 horas na casa común dos Tilos.

22196086_971849539620162_2133163038475215534_n

Esta actividade ten como obxectivo achegar @s cativ@s e a quen non o son tanto, a importancia do respecto aos animais, así como fomentar a leitura no noso idioma.

O obradoiro consistirá nunha primeira parte na leitura de textos de autor@s galeg@s que dará paso a unha actividade para fomentar e incentivar a imaxinación e creatividades d@s meniñ@s.

Este obradoiro está destinado, nomeadamente, a meniñ@s até os nove anos aproximadamente.

Agardando contar con vós, recibide un cordial saúdo

Xunta Directiva AC Lúa Chea

Sobre o bus a Santiago

Algo se vai mellorando, pero desplazarse en bus a Santiago non acaba de ser fácil para os veciños de Augas Mansas. Por unha banda seguimos sen horario nas marquesiñas. Non se sabe cando pasa o bus. Incomprensiblemente, porque sen algo tan sinxelo como un horario visible, o servizo queda claramente coxo. Para enterarse non queda outra que preguntar a algún veciño informado ou consultar os horarios en internet, non precisamente claros e usables. Por outra banda, vimos de saber que a tan publicitada Tarxeta Xente Nova, que ofrece “realizar todas as viaxes interurbanas gratuítas” aos menores de 19 anos, non cubre o traxecto entre Os Tilos e Santiago que tantos augamansinos utilizamos, pois, pese a ser poboacións pertencentes a distintos concellos, non se considera viaxe interurbana…

somos.teo.gal

somos-teo

Abre somos.teo.gal. Así presenta o Concello esta plataforma de participación cidadá:

«O Concello de Teo presenta a plataforma de participación cidadá Somos Teo (http://somos.teo.gal) como unha ferramenta de interacción directa coa cidadanía. Nesta nova ferramenta web poderanse achegar opinións e consultas pero tamén se tomarán decisións sobre debates presentados dende as diferentes concellarías.

O primeiro debate sobre o que os/as teenses decidirán será a escolla do novo logo municipal. Dende o venres 5 de maio, que estará operativa a plataforma, ata o 30 de xuño, calquera persoa censada en Teo maior de dezaseis anos poderá emitir o seu voto a favor dunha das tres propostas posibles.

Para participar nesta nova plataforma pódese facer sen rexistrarse que só poderás ver o contido dos debates ou dándose de alta como usuario. Deste xeito ademais de poder participar nos debates abertos ou votar poderanse enviar consultas ou suxestións de xeito que a persoa poderá ver o estado da súa consulta ata que quede solucionada e pechada.

Dende o goberno municipal acordouse convocar á cidadanía a través da plataforma Somos Teo para decidir cal será a nova imaxe do Concello. Trátase de buscar un novo logo actualizado que se irá utilizando nos diferentes soportes nos que debe estar identificado o Concello. Esta nova imaxe non sustituirá o escudo.
logo-teo.png
Despois de convocar a varias empresas de deseño ás que se lle pediu que traballasen sobre os petróglifos de Teo xurdiron tres propostas. A votación deste novo logo estará aberta entre o 5 de maio e o 30 de xuño. Durante este tempo as persoas que precisen axuda técnica para votar poderán facelo na aula de informática municipal ou na mediateca do Grilo.

Tamén haberá espazos habilitados para coñecer a plataforma e poder votar en lugares de concentración de persoas como a festa do picantón en Rarís ou o Festeo en Calo.»

Casa común de Cacheiras

Hoxe ás 20h inaugúrase a nova Casa común de Cacheiras, ubicada na Travesía de Cacheiras nº 38 (onde estaba a libraría O trasno viaxeiro). Máis información na web do Concello. Cartel anunciador do evento (PDF), que contará coa presenza do humorista Lois Pérez.

Informamos tamén de que mañá venres 5 de maio ás 18h proxectarase a película En construcción, de José Luis Guerín, na Casa común (biblioteca) de Os Tilos. Máis información.

E o vindeiro 21 de maio ás 11h terá lugar un roteiro participativo entre Campos de Mirabel e o Faramello: cartel con toda a información (PDF).