A fábrica de cepillos colindante con Augas Mansas ten as portas rotas, e comprobamos que con frecuencia entra xente. A directiva da asociación de veciños informou da situación a Uxía Lemus, concelleira de urbanismo, quen á súa vez contactou coa empresa propietaria para que esta tome medidas ao respecto.
Por outra banda, como sabedes, estes días están asfaltando varias estradas que pasan pola urbanización. Por petición dos veciños se presentou un escrito no concello reclamando a retirada dunha antiga caixa de luz en mal estado e un poste de luz que restan 60 cm á vía e poderían chegar a ser un perigo para a circulación:

Tamén se reclamou unha vez máis, por escrito e nunha entrevista con medio ambiente, a limpeza da finca da zona verde que a día de hoxe segue a monte e con vexetación que supera en varios lugares os dous metros de altura.